Waiting for Love

«Waiting for Love» é unha canción realizada polo disc jockey e produtor sueco Avicii. Conta coa colaboración, aínda que sen acreditar, do produtor neerlandés Martin Garrix, e de Simon Aldred, o cantante da banda inglesa de rock alternativo Cherry Ghost.[1] Incluída en Stories, o segundo álbum de Avicii, foi lanzada como sinxelo o 22 de maio de 2015 en formato dixital a través da discográfica Universal Music.[2] Liderou as listas de Suecia, Noruega e Austria, e situouse no primeiros vinte postos de varias listas europeas e en Australia.

  1. "Avicii - Waiting For Love (File)". Discogs (en inglés). 
  2. Dionne, Zach (22 de maio de 2015). "Listen to Avicii's Addictive New Song, "Waiting for Love"". Fuse.tv. Consultado o 23 de maio de 2015. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search